lunes, 21 de enero de 2013

DRÁCULA ASEXA , 21 Xaneiro 2013

A Rita dálle medo Drácula, a Oriana gústalle a banda sonora... da película.
Hoxe estamos na biblioteca; escoitamos ruidos estranos, voces, silencios...

Continúa Oriana- Sen luz e sen calefacción, un resplandor azul no fondo. De súpeto vemos unha sombra, podemos escoitar os pasos dende o outro extremo da sala; a sombra achégase a nós, non podemos fuxir! A visión semellábase a alguén coñecido pero atá que falou non o identificamos.

" Ola, xa estou aquí,veño a axudarvos a... arranxar o canón"
Era Carlos o noso compañeiro de 2º E.

PD: Non conseguiu arranxar... o canón !

No hay comentarios: