lunes, 21 de enero de 2013

MISTERIO NA BIBLIOTECA

Mañá, mércores 23 de xaneiro, imos gozar en primicia da lectura da novela escrita pola alumna de 1ºA Laia... Misterio, suspense, dinamismo, escollidos personaxes.
Ás 11.25 h na biblioteca.

DRÁCULA ASEXA , 21 Xaneiro 2013

A Rita dálle medo Drácula, a Oriana gústalle a banda sonora... da película.
Hoxe estamos na biblioteca; escoitamos ruidos estranos, voces, silencios...

Continúa Oriana- Sen luz e sen calefacción, un resplandor azul no fondo. De súpeto vemos unha sombra, podemos escoitar os pasos dende o outro extremo da sala; a sombra achégase a nós, non podemos fuxir! A visión semellábase a alguén coñecido pero atá que falou non o identificamos.

" Ola, xa estou aquí,veño a axudarvos a... arranxar o canón"
Era Carlos o noso compañeiro de 2º E.

PD: Non conseguiu arranxar... o canón !