viernes, 27 de mayo de 2011

TROCO DE LIBROS

Dende a Biblioteca organízase o troco de libros; así todos aqueles alumnos, pais/nais, profesores/as ..., que queiran cambiar un libro que teña en casa por un dos que están expostos na biblioteca pode facelo.



Os libros expostos foron cedidos por profesores deste centro, polo que dende a Biblioteca agradecemos a súa colaboración.



O noso desexo é que esta iniciativa funcione e que os libros non queden estancados nunha casa, senón que teñan vida e que poidan chegar a moitos lectores

No hay comentarios: