lunes, 22 de marzo de 2010

O CLUB DE LECTURA VISITA O SALÓN DO LIBRO

O pasado 3 de marzo visitamos o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra... Achegámonos a obra e proceso creativo de Agustín Fernández Paz ; escoitamos falar de Shrerezade ( unha muller que salvou a súa vida e a doutras mulleres contando contos) ; soubemos que Morning Star foi un barco que asaltou o pirata Benito Soto- Os barcos teñen nome, e acordámonos de Demeter o barco no que Drácula achegouse a terra inglesa. Descansamos e soñamos coa lúa na sala especial deseñada por alumnos de Belas Artes ; tamén poidemos subir ao tren da aventura... de ler; e lemos, lemos , ata que chegou a hora de xantar, momento no que todos, Jacobo, Sohie, Sofía, Elena, Irene, Lara pararon uns minutos de falar e contar historias. Foi un día especial! Coñecemos as ruás e prazas de Pontevedra onde Alfonso Castelao deseñou gran parte da súa obra- tamén foi debuxante! Esplendida a visita o Museo de Pontevedra! Soubemos que no café Moderno un grupo de escritores e intelectuais xuntánbanse a falar. E nos agora tamén falamos dos libros que nos gustan.



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Bueno pues nos lo pasamos genial y nos reimos mucho, sobre todo con Jacobo y con la profe...¡Hay que repetir!

Anónimo dijo...

de parte de Jacobo que la excursión se me olvidó...