ENTREGA DE CARNÉS IDENTIFICATIVOS
Na pasada reunión do martes 26 de novembro fíxose entrega dos carnés para os membros; unha forma visual de identificarnos como Club, un sinal de identidade. Este carné terá unha serie de privilexios, por suposto: serve para ampliar o número de libros que se poden levar en préstamo da Biblioteca, dan preferencia á hora de facer actividades extraescolares con número pechado de prazas e, o máis importante, para pertencer a este pequeno recuncho onde compartimos o pracer da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario