lunes, 19 de octubre de 2015

PRIMEIRAS IMPRESIÓNS DO CURSO

Na nosa segunda xuntanza vimos cómo o club vai medrando con novas incorporacións a quen lles damos a benvida. Puxemos en común as lecturas que fixemos ao longo destas dúas semanas e decidimos buscar formas atractivas de animarvos a participar no noso club. Unha delas será repartirvos panfletos sobre o funcionamento do club e do blog e contarvos as nosas experiencias no club e coa lectura. Na próxima reunión do día 9 de novembro os nosos integrantes máis expertos falarán destas vivencias e do que lles proporciona a lectura e dos libros que lemos e que nos gustan no recreo, para isto, vos animamos a tod@s a vir, escoitar, intervir e, sobre todo, a formar parte desta aventura.                                                                         
Dous dos nosos integrantes xa se animaron a facer as primeiras colaboracións co blog, a partir das súas lecturas destas semanas, dámoslles a grazas polas súas propostas e esperamos que estas sexan cada vez máis numerosas:
 
MIGUEL GONZÁLEZ OBENZA, 1º BACH C, fíxonos unha reseña sobre un dos relatos que leu na colección de Cuentos españoles de terror:
 
Un comerciante se rompió una pierna; como los cirujanos no pudieron hacer nada más que amputarla, decidió que le hicieran una pata de palo, pero no una cualquiera, sino una ligera, resistente y que, más que él tuviera que llevarla a ella, fuera ella quien lo llevase a él. Cuando esta estuvo terminada, se la pusieron. Nada más colocarla, el comerciante salió corriendo movido por la pata de palo. Él no podía controlarla y todos los que lo intentaban parar, se caían o eran atropellados. El pobre hombre desapareció saliendo de la ciudad. Se creía que había muerto ahogado cruzando el Canal de La Mancha, pero hacía poco tiempo habían visto un esqueleto con una pata de palo corriendo por Los Pirineos...
 
 

lunes, 28 de septiembre de 2015

BENVIDA AO NOVO CURSO

Un ano máis comezamos dando a benvida ao novo curso 2015-2016 e aos novos integrantes: 
Andrés Castro Cores (1º ESO, E) 
Ana López Toro (1º ESO, E)
Muriel Otero Encisa (3º ESO, D) 
 Tamén recibimos con moita alegría ao alumnado que quere repetir a experiencia e que leva connosco xa varios cursos: 
Micaela Noya Louzán (3º ESO, D)
Solla Alfonsín Andrea (3º ESO, D)
Galcerán Conde, Laia (4º ESO, C)
Miguel González Obenza (1º Bachillerato, B). 
 Chegamos con novas ideas e coas pilas recargadas e invitamos a vir a tod@s @s que non puideron asistir á nosa primeira xuntanza. 
 Volverémonos reunir o luns 19 de outubro na Biblioteca, durante o primeiro recreo. 
 Animádevos a participar!

jueves, 4 de junio de 2015

martes, 7 de abril de 2015




SAÍDA DIDÁCTICA DO 2015

Un ano máis emprendemos a nosa viaxe conxunta cara novas aventuras no Salón do Libro Infantil e Xuvenil en Pontevedra... E un ano máis a nosa viaxe comezou na estación de trens

 Chegamos, non sen présa, ao Pazo da Cultura, onde nos esperaba unha entretida conversa co escritor pontevedrés Manel Loureiro, de quen estamos a ler dúas obras e que conseguiu deixarnos enganchados ao seu vindeiro título

Foi verdaderamente ameno e ata nos asinou un exemplar para a nosa Biblioteca

A continuación tivemos a sorte de percorrer as exposicións do Salón do Libro en moi boa compaña.

 

 Este amable xoven nos explicou todas as salas e nos fixo pasar unha hora divertidísima


Primeiro contándonos a relación entre a ciencia e a ficción a través de contos coñecidos por tod@s

As viaxes de Gulliver                                   

 Alicia no país das marabillas


O mago de Oz

Despois atreveuse a soltar no espazo exterior a unha das nosas alumnas, Zaida, que tivo o valor para enfrontarse a mil perigos fóra da nave, iso si, moi ben protexida

Creamos o noso propio alieníxena, e puxémoslle un nome sinxelo: Argentio Borio Argón. Para a súa creación foi indispensable o noso compañeiro Daniel

Tivemos tempo libre para ver o resto das salas e tamén un intre para facer lectura colectiva


E despedímonos de tan grata compaña porque estabamos mortos de fame


E volvemos un ano máis á Crepería, onde tan ben nos tratan sempre e onde xa acumulamos unhas cantas lembranzas




 

 De volta á estación, aínda puidemos ver o ambiente que se respira nas tendas pontevedresas ao calor do Salón do Libro

 E así rematou un día inesquecible... Grazas a tod@s @s que o fixestes posible!


 

 

 

 


martes, 9 de diciembre de 2014

PROXECCIÓN DE FILM EN SESIÓN VESPERTINA

La ladrona de librosLembrade que o martes, 16 de decembro, ás 16:00h, na que será a nosa derradeira xuntanza antes do Nadal, nos reuniremos para ver a película que suxeristes algúns de vós, La ladrona de libros. Se podedes, traede as vosas colaboracións para o blog, que será actualizado ese día e os debuxos cos que faremos os carteis adicados aos relatos lidos ata o momento.

martes, 2 de diciembre de 2014

Seguimos cos relatos de suspense...

"Markheim", Robert Louis Stevenson, por Miguel González Obenza.
A media noche Markheim fue a un anticuario. Cuando entró, aparentemente buscaba un regalo para su esposa, pero cuando vio la oportunidad, mató al anticuario. Cuando lo hizo procuró borrar sus huellas antes de que llegara la criada pero, mientras estaba rodeado de silencio, pudo oír unos pasos provenientes del piso superior. No esperaba que Él pudiese estar arriba...
Si quieres saber quién es Él y descubrir el final del relato, ya sabes lo que tienes que hacer...

martes, 25 de noviembre de 2014