viernes, 25 de marzo de 2011

DAVID VÁZQUEZ VISITA O CASTRO ALOBRE

O escritor David Vázquez Álvarez visitou o IES Castro Alobre para falar do seu libro Améndoas e flores silvestres. Este escritor que naceu en Arcos de Valdeorras(Ourense) en 1953 e realizou os seus estudos en Bañeza, Astorga e Ourense; é mestre e publicou libros como: O ruliño branco, Na solaina, Ribeirán do Sil ( Premio no II Certame de Poesía A Ouriceira 1995), Laio na serra (Premio do Certame de relato curto 2008).


A charla que tivo cos alumnos deste centro foi moi interesante e moi entretenida. Ademais tivo a delicadeza de adicar un dos exemplares que teñe a Biblioteca coa dedicatoria: Á biblioteca do IES Castro Alobre.


viernes, 18 de marzo de 2011

San Valentín

Con motivo do día de San Valentín, a Biblioteca en colaboración con Normalización Lingüística seleccionaron frases ou breves poemas de amor de autores coñecidos, tanto en língua galega, língua castelá e língua inglesa. Estas frases foron postas na entrada do centro xunto as frases que os propios alumnos crearon para este día.





Neste gran corazón, os alumnos do centro pegaban as súas mensaxes de amor.

Francicisco Castro visita ó instituto

O escritor Francisco Castro visitou o IES Castro Alobre para falar cos alumnos de 2ª ESO do seu libro Chamádeme Simbad. Este escritor naceu en Vigo e foi profesor de Filosofía. Entre a súas obras destacar: Un bosque cheo de faias (Premio Frei Martín Sarmiento), O ceo dos afogados, Play-Back ( Premio Lueiro Rey de Novela Curta), Xeración perdida, Spam(Premio Blanco Amor), As palabras da néboa (Premio Manuel García Barros).








Este autor firmou para a Biblioteca un exmplar do libro Chamádeme Simbad coa seguinte dedicatoria: Para os lectores e lectoras da Biblioteca do IES de Vilagarcía. Coa miña amizade.